Bienvenido

PENSANDO PENSANDO, DURMIU. E DURMINDO DURMINDO, SOÑOU.

martes, 5 de enero de 2010

[…]
Cando chegou a Noite de Reis, díxolle a nai:
- Hoxe tes que te deitar ben cedo. Esta noite veñen os Reis Magos!
- Non! Eu quero velos! –fungou o neno.
- Os Reis non entran nas casas dos nenos que non están durmidos! –espetoulle o pai.
- Entón voume deitar cedo –aceptou o cativo.
[…]
Fragmento do conto: Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis. (Edit. Kalandraka)

Así que xa sabedes o que hai que facer esta noite, deitarnos ben cediño para mañá ver cumpridas todas as nosas ilusións.
Para axudar ás SS.MM. os Reis Magos de Oriente nesta longa noite de traballo, aquí deixamos as nosas estrelas para que guíen o seu camiño; coma sempre ás familias: mil millóns de grazas pola vosa colaboración!!!

4 comentarios:

Profe J.Ricardo dijo...

Del cielo cayó una estrella,
bordada de mil colores,
y en cada esquina traía:
¡CaRaMeLoS e iLuSiOnEs!.

Espero que esta noche SS.MM. los Reyes Magos de Oriente visiten vuestras casas cargados de regalos. ¿Qué nos dejarán este curso en el aula? Pronto lo descubriremos...

Anónimo dijo...

Espero que os reis che trouxeran moitas cousas xa que te portaches moi ben este ano (polo menos cos nosos fillos/as). E tamén a tódolos nenos/as de 4 anos B.
Xa falta pouquiño para que comece o cole outra vez, xa o estamos desexando todos.

Anónimo dijo...

Aínda que nos trouxeron case todo o que pedimos, falta un agasallo especial...que o profe J.Ricardo siga con nós o próximo curso.

Anónimo dijo...

Está desexando comezar, está segurísimo de que os Reis Magos pasaron pola clase e que deixaron algo como o ano pasado.