Bienvenido

"¿ERES DIFERENTE? SIIIIII. PUES ERES ESPECIAL..."

viernes, 15 de enero de 2010

Esta semana, e aínda que acabamos de comezar o trimestre, agardábanos unha sorpresa máis que marcaría o desenvolvemento da semana; pois o xoves 14 realizamos unha saída didáctica a Santiago para acudir ao espectáculo de El Patito Feo.
A expectación que levantou ao longo da semana a asistencia ao espectáculo, antes e despois da súa asistencia, provocou que, en xeral, nos amosásemos máis receptivos cara as actividades metodolóxicas de ensinanza-aprendizaxe que xiraron en torno ao argumento do conto.
O certo é que este clásico da literatura infantil xa o traballaramos o curso pasado, e a través de actividades dirixidas, o seu relato permitiunos iniciarnos no desenvolvemento dunha imaxe propia axustada aprendendo a respectar as diferenzas, tamén a identificar gradualmente as propias características, posibilidades e limitacións, desenvolvendo sentimentos de autoestima e autonomía persoal, avanzar na elaboración do esquema corporal...
Nos días previos limos e escoitamos no CD a adaptación e máis o conto orixinal de Andersen, lembramos cales eran os personaxes e entre todos e todas buscamos as razóns polas que o Patito Feo era rexeitado por todos os animais do bosque, algo que, espontaneamente, nos permitiu establecer paralelismos co conto de Orejas de mariposa (Edit. Kalandraka), lembrades?
Todos e todas estabamos nerviosos, e proba diso é que nas asembleas fixemos unha conta atrás tal e como sucede nos grandes acontecementos que dunha ou outra maneira marcan o ritmo da nosa clase. Agora estamos a contar os días que faltan para o aniversario de 2 dos nosos compañeiros; xa falta menos, tranquilos que seredes os primeiros en estrear a tarta de 5 anos que o profe puxo no panel das rutinas da asemblea.
Cando chegou o día e logo da asemblea e de lembrar as normas que debemos seguir cada vez que saimos do centro, subimos ao autobús... algo sensacional!!! Uns iamos cantando, outros vendo os debuxos animados na tele, outros mirando pola ventá... ata que, despois de moito preguntarlle ao profe canto faltaba, chegamos ao teatro.
A historia conta o sucedido a Mamá Pata cando atopou un ovo que non tiña familia e decidiu que nacera xunto aos seus filliños. Cando os parruliños naceron, un deles ao que Mamá Pata chamou Pequeñín, era diferente.
Mamá Pata intentou que todos os seus fillos se sentiran integrados, nembargantes Pequeñín, sempre se sentirá un pouco desprazado polos seus irmáns algo que o empuxará a saír a buscar novas aventuras facendo amigos como Gustavo Rana ou o Gallo Galleta.
Pequeñín, finalmente coñecerá á guapa Patita Violeta á que lle falta unha patiña, e a pesar de que só podía nadar en círculos, ambos amigos descubrirán xuntos o bonita que é a vida.
Durante a representación teatral todos estivemos cos ollos moi moi abertos para non perder detalle; aplaudimos, cantamos... e dun modo ameno e desenfadado aprendemos co importante está no interior e non no noso aspecto exterior. Algo que seguiremos traballando na unidade didáctica que comezamos a desenvolver esta semana e cuxo centro de interese é o corpo humano.
Finalmente, e antes de subir ao autobús comimos un pequeno piscolabis para repoñer forzas e, xa máis tranquilos, voltamos de novo ao cole.
Como podedes imaxinar, na asemblea seguinte non se falou doutra cousa, intentamos explotar didacticamente todo o acontecido o día anterior para, plasmar a nosa visión particular do conto nun debuxo no que deberían aparecer todos e cada un dos personaxes que saen no relato: Mamá Pata, os 6 parruliños, Gustavo Rana, o Gallo Galleta, Violeta (fixádevos no detalle da pata) e, por suposto... Pequeñín.
Un saúdo e non ESQUEZADES que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!

COMEZA A FUNCIÓN... SILENCIO.


ARTISTAS CON TODAS AS LETRAS.

6 comentarios:

Profe J.Ricardo dijo...

Seca tus lágrimas
y empieza a sonreír,
que algo grande tienes
y está dentro de ti.
¿Eres diferente? Síiiiiii.
Pues eres especial.

Anónimo dijo...

Muy bonito pero, ¿por qué no predicas con el ejemplo?

Anónimo dijo...

Estou impresionada co traballo da miña filla, a verdad, que a obra teatral parecíame moi interesante por iso a mandei;considero que engloba una cantidade de valores que a sociedade está pedindo a gritos. E aínda que o conto de El Patito Feo é moi antigo, penso que o traballo con el é moi eficaz e froitífero para traballar cos nenos e nenas, e deste xeito, comprendan que todos somos iguais, á vez que diferentes.

Un saúdo, ;)

Anónimo dijo...

O detalle da Patiña Violeta quedoulles a todos máis que claro, é notable nos seus debuxos.

Anónimo dijo...

¡Qué letra tan bonita la de esta canción! En casa no para de tararearla y bailarla una y otra vez.

Anónimo dijo...

O do primeiro comentario, ¿a qué se refire exactamente?