Bienvenido

CHACHI VOLACHI, CHACHI PIRULI...

lunes, 11 de enero de 2010

Despois dunhas merecidas vacacións voltamos de novo ao cole e aínda que sabemos que a máis de un lle custará coller o ritmo de traballo habitual, moitos estabamos desexando que as vacacións rematasen e así ver a todos os nosos amiguiños e amiguiñas e ao profe.
Como unha mañá máis comezamos coas rutinas de entrada e coa asamblea matinal; unha asamblea, que hoxe era moi especial, pois despois de tanto tempo sen vernos tiñamos moitíiiiiiiiiisimas cousas que contar…
Cada rutina deselvoveuse co ritmo habitual: bos días, elección do encargado, fichaxe de ausencias e presenzas, constatación do tempo atmosférico, actividades de lecto-escritura e de iniciación ao razoamento lóxico-matemático… ata que un dos nosos compañeiros, un dos paxes reais, viu ao carón da fiestra algo que chamou a súa atención, co que a asamblea, vos podedes imaxinar, tivo que pararse para ver o que sucedía e… oooooooooooooooohhhh, nada máis e nada menos que había tres agasallos e un sobre no que se lía: “Para el profe J.Ricardo”. ¿Sónavos?...
Como podedes imaxinar, neste contexto as hipóteses foron innecesarias, xa que todos dimos coa solución... siiiiiiiiiiiiiii as SS.MM. os Reis Magos de Oriente deixárannos na súa visita polas rúas de Rianxo o día da Gran Cabalgata Real 3 agasallos que, nerviosos e moi entusiasmados, desexabamos abrir pois non tiñamos nin a máis remota idea do que se podía agochar en cada un.
Así pois, o mestre constitui 3 grupos para que cada un de nós tivese a oportunidade de abrir un agasallo, e ao sinal de: “preparados, listos, xa!” un tras un fomos abrindo, en primeiro lugar o agasallo do Rei Melchor, logo o do Rei Gaspar e, por último o que nos deixou o Rei Baltasar que, aínda que era o máis pequeno foi o que máis nos sorprendeu a todos e todas...
Moi nerviosos e entusiasmados o profe puxo un pouco de calma coa lectura da carta que, as SS.MM. os Reis Magos de Oriente nos deixaron. Nela explicaban un montón de cousas tales como que ao longo de todo o ano agóchanse nunha das nubes que se ven dende unha das fiestras da clase, que nos temos que portar requeteben tanto na casa coma no colexio e as razóns pola que un curso máis o profe quedou sen o que lle pedira dende había tempo, algo comprensible se temos en conta a dura tarefa de repartir agasallos a todos os nenos e nenas do mundo.
Non podemos transmitirvos todas as ilusións que vivimos nesta asamblea tan especial, pero se queredes saber máis, non dubidedes en preguntarnos que vos contamos algún outro detalle do acontecido nesta primeira xornada do trimestre...

Un saúdo e non esquezades que... os REIS MAGOS existen... existen no corazón de cada un dos que cren neles!


5 comentarios:

Anónimo dijo...

No te preocupes Ricardo que el año que viene habrá menos crisis y te traerán lo que no te pudieron traer este año....de todas formas, las familias te vamos a considerar el "cuarto Rey Mago" por la "magia presupuestaria" que haces, de dá para todo,ehhhhhh!!!!
Gracias por "alargar" esa ilusión tan bonita....
(por cierto, brillante redacción)

Anónimo dijo...

Que ilusión lle fixo, sobre todo, viña abraiado porque os Reis Magos pasaron polo cole, polo que deduciu que os veían todas as mañás e se portaban ben. O que máis lle gustou, foi o conto de Martiño, non o deixa de contar na casa, temos Navidad para rato...

Gracias Profe Ricardo.

Anónimo dijo...

Cada un dos regalos que deixaron os Reis Magos na clase foron moi moi moi acertados.

Anónimo dijo...

que triste veu o noso fillo porque non lle trouxeran o profe José Ricardo o radio cd.
a ver se para o ano que ven ten máis sorte.jajajajaja

Anónimo dijo...

Profe J.Ricardo, na era das TIC`s na que estamos, é posible que os Reis Magos só levasen MP4 e outros aparellos polo estilo, pero un cassette??? Ti segue intentándoo para o próximo ano. Saúdos.