Bienvenido

UNHA SEMANA ARREPIANTE.

martes, 3 de noviembre de 2009

O venres pasado celebramos no cole o “Samaín” ou “Halloween”, foi o día no que cerramos unha semana monstruosa chea de cabazas, morcegos e moitas “historias de medo”.
Ao longo de toda a semana, levamos a cabo varias actividades que xiraron en torno ao “Samaín”: fixemos morcegos para a porta da clase e así darlle un aspecto máis aterrador, o profe leunos contos cuxos personaxes eran pantasmas, bruxas, esqueletos…, convertémonos en bruxas e bruxos no fotomatón que había no corredor, tamén realizamos varias actividades impresas nas que pintamos con témpera a Enrique, un dos personaxe dos nosos contos favoritos, unha “lluvia de ideas” sobre o “Samaín” e moitíiiiiiiiiiiisimas cousas máis.
Algúns dos contos que traballamos durante esta semana foron: “El Cumpleaños de Enrique” (Edit. Edelvives), “Sonidos de miedo” (Edit. SM) e “Unha pantasma con asma” (Edit. Kalandraka).
Por outra banda, e por se todo isto fose pouco, unha vez máis dende o centro pediuse a colaboración das nosas familias na elaboración das cabazas para a exposición que se atopaba no hall do noso pavillón; había verdadeiras obras de arte: dende bruxas, vampiros e bebés, ata personaxes dos nosos debuxos animados favoritos como “Hello Kitty”, “Spiderman” ou “Epi y Blas”, unha vez máis… mil millóns de grazas!!
O venres, despois do recreo, puxemos o disfraz de pantasma que os días previos confeccionamos coa axuda do profe e moi moi nerviosos, agardamos a que os maiores, vestidos de seres monstruosos nos cantaran unha canción moi divertida.
Aínda que ao longo da semana o profe intentou concienciarnos para o que ía acontecer o venres, a máis de un escapóuselle algunha que outra bágoa, pero é que os maiores traian unhas máscaras e unhas cabazas arrepiantes con velas encendidas dentro, bufff… metían un medo!!!
Moita atención ás presentacións que aparecen a continuación relacionadas co “Samaín”… agardamos que vos gusten!
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!

- A PANTASMA ENRIQUE.

- AS NOSAS CABAZAS.

- QUEN SOMOS?

5 comentarios:

Anónimo dijo...

que bonito todo o que fixemos no samaín

Mireya28 dijo...

Gracias por subir las fotos de Samaín..estan muy lindos los trabajos que han echo todos..Asi Alex nos enseño los nombres y las calabazas de sus compañeros de clase..Muy emocionado por cierto..¬¬

Gracias por enseñarnos por este medio toda la evolución de este curso y cada actividad que hacen..Sobretodo porque los ven nuestra familia que esta al otro lado del charco..jejje(ECuador)..

Muchas Gracias Ricardo!!


Estaremos al tantoo de la página...Hasta pronto..*-*

Anónimo dijo...

Cómo me gusta el fotomatón, cuando yo era pequeña no se hacían estas cosas tan divertidas, qué suerte tenéis pequeñajos y pequeñajas.

Anónimo dijo...

Por que as pantasmas van todas iguais?? Non hai nin unha soa diferenza entre unhas e outras¡

Anónimo dijo...

Voume a aventurar a contestar a pregunta do anónimo anterior (espero que non che pareza mal j ricardo nin as familias).
as pantasmas van todas iguais porque o mestre sabe transmitirlle moi ben os nenos/as o que teñen que facer en cada ficha. E polo tanto os nenos/as con atención e concentración respóndenlle o que o mestre lles pide, xa que lle teñen moito aprecio.
Noutras fichas deixa voar a imaxinación do alumnado pedíndolle que fagan outras cousiñas que alimentan a súa creatividade.
Moitas veces queixámonos dos nenos/as pero somos peores os pais/nais.
seguiremos enriquecendo o blog cos nosos comentarios